lunes, 15 de marzo de 2010

Rutas Turísticas

Rutas dos muíños
Sendeiro circular de 5 km que se percorre en hora e media.Ccomeza e finaliza na Ponte do Porto.
Parte do traxecto é a calzada romana coñecida como Camiño Real.A ruta transcorre entre variada vexetación autóctona pola ribeira do río Grande, entre vellos muíños de granito, cotos troiteiros, refuxios de pescadores e merendeiros. Finalízase o percorrido tras cruzar a ponte que dá nome ao lugar.

Ruta Litoral
A Ruta Litoral de Camariñas transcorre ó longo da costa atlántica de Camariñas ten unha lonxitude de 14 km e se pode percorrer a pé en 5 horas. Tamén pode empregarse a bicicleta e gran parte deste recorrido pode facerse en vehículo nunhas horas.
 O camiño comeza no Castelo do Soberano, dende onde parte unha senda ata a praia de Lago; continuando ata a ermida da Virxe do Monte. Onde se pode contemplar como o tranquilo mar da ría torna en bravura.Ó lonxe, distínguese o Cabo Vilán e o seu faro ao que podemos visitar na nosa ruta.

Ruta da Ínsua
Esta ruta transcorre bordeando o monte da Insua, pertencente á parroquia de Xaviña. Como o seu nome indica trátase dun enclave rodeado por auga ao atoparse nunha das partes sobresaíntes da ría de Camariñas. Esta é a razón pola que podemos gozar ao longo de toda a ruta dunhas excelentes paisaxes típicas da costa galega.A ruta da Insua é circular, de dificultade media-baixa, dunha lonxitude de 8.7 km que se percorre nunhas 3 horas e media..
Ruta da Costa da Morte
Esta espectacular ruta recorre o corazón da Costa da Morte no que atoparemos construccións de interese histórico-etnográfico, paisaxes impresionantes, lembranzas de naufraxios e esculturas naturais..
 Ruta circular de dificultade media-baixa, ten 19 Km e unha duración aproximada de 5 horas. Esta ruta coincide ata a metade do seu recorrido coa Ruta Litoral de Camariñas aínda que non chega ás vilas costeiras de Arou, Santa Mariña e Camelle senon que volta polo interior do Concello ata chegar de novo ao mesmo punto de partida: Camariñas.A saída é dende o Castelo do Soberano de Camariñas e recorrermos a fermosa costa ata o Cabo Vilán e dende alí ata o Cemiterio dos Ingleses e Monte Branco. No recorrido de volta coñeceremos o Castro da Croa e teremos preciosas vistas da ría e do faro Vilán ao mesmo tempo.

3 comentarios: