Museo do alemán
Trátase dun orixinal museo ó aire libre creado por un peculiar creado por un peculiar alemán chamado Man,que chegou a camelle fai máis de trinta anos.En Camelle creou o seu edén de fantasía e soidade,o lugar que lle deu a paz interior que buscaba e onde dar vida á sua obra.
Ao visitante solicitáballe que fixese un debuxo na súa libretiña,sendo"unha forma de relacinarse cos demais,xa que en cada papel está a alma de cada quen e o meu obxectivo é facer un gran rañaceos todas elas"segundo palabras de Man.
No museo observamos as cores vivas e os círculos numerosos que determinan o ciclo da vida continuo, repetitivo, do cal non podemos fuxir. Certos pensamentos existencialistas envolveron a vida e obra desta singular personaxe, ata que o naufraxio do Prestige tinguiu de negro a súa obra, os seus fillos, como el os chamaba. Non o puido superar e morreu o día dos Inocentes do 2002.
Museo do encaixe
O museo do Encaixe de Camatiñas creouse no mes de novembro de 1996.A iniciativa municipal de crear unha entidade museogréfica en Camariñas dedicada ó encaixe de bolillos foi a resposta a unha serie de necesidades derivadas da gran riqueza en patrimonio etnográfico con que conta este municipio.
O encaixe de bolillos supón unha testemuña excepcional da supervivencia das artes e oficios populares. Por iso, asumiuse a responsabilidade de recuperar a súa memoria histórica, conservala e difundila mediante a creación desta institución.
Museo etnográfico
Creado por iniciativa veciñal, este museo foi aberto ó público o 1 de Abril de 1997. De ámbito territorial comarcal, o seu fin primordial é amosar a cultura etnográfica da zona.
Caballos
Hace 14 años
los museos son muy interesantes para quien le gustan
ResponderEliminar