jueves, 18 de marzo de 2010

Mostra do Encaixe en Camariñas

Con motivo da realización da XX edición da  Mostra do Encaixe de Camariñas que se celebra en Semana Santa, do 31 de marzo ao 4 de abril de 2010, se convoca o I Concurso de Encaixe de Camariñas.
Tema: Xacobeo 2010.
A/o participante tera que diseñar o patrón (siempre refirindose o Xacobeo 2010) e realizar o encaixee (non e  preciso terminar a peza).
Criterios de evaluación:
Originalidade.
Beleza estética e armonía da composición.
Dificultad das técnicas empleadas.
Tamén se valorará a rapideza, o sea a cantidade de encaixe realizado, pero terá menor peso que os outros criterios.
Temporalidad:As encaixeiras participantes deberán realizar o encaixe en Camariñas o viernes, día 2 de abril.
Material:
Cada encaixe  deberá traer  material. Si por motivos de transporte es incómodo el traslado de su almohada (mundillo) podrán solicitar una típica de Camariñas a la organización que en caso de posibilidad se le facilitaría. En canto ao resto do material cada participante debe traelo, os bolillos poden vir xa cheos.

Museos

Museo do alemán
Trátase dun orixinal museo ó aire libre creado por un peculiar creado por un peculiar alemán chamado Man,que chegou a camelle fai máis de trinta anos.En Camelle creou o seu edén de fantasía e soidade,o lugar que lle deu a paz interior que buscaba e onde dar vida á sua obra.
Ao visitante solicitáballe que fixese un debuxo na súa libretiña,sendo"unha forma de relacinarse cos demais,xa que en cada papel está a alma de cada quen e o meu obxectivo é facer un gran rañaceos todas elas"segundo palabras de Man.
No museo observamos as cores vivas e os círculos numerosos que determinan o ciclo da vida continuo, repetitivo, do cal non podemos fuxir. Certos pensamentos existencialistas envolveron a vida e obra desta singular personaxe, ata que o naufraxio do Prestige tinguiu de negro a súa obra, os seus fillos, como el os chamaba. Non o puido superar e morreu o día dos Inocentes do 2002.
Museo do encaixe
O museo do Encaixe de Camatiñas creouse no mes de novembro de 1996.A iniciativa municipal de crear unha entidade museogréfica en Camariñas dedicada ó encaixe de bolillos foi a resposta a unha serie de necesidades derivadas da gran riqueza en patrimonio etnográfico con que conta este municipio.
 O encaixe de bolillos supón unha testemuña excepcional da supervivencia das artes e oficios populares. Por iso, asumiuse a responsabilidade de recuperar a súa memoria histórica, conservala e difundila mediante a creación desta institución.
Museo etnográfico
Creado por iniciativa veciñal, este museo foi aberto ó público o 1 de Abril de 1997. De ámbito territorial comarcal, o seu fin primordial é amosar a cultura etnográfica da zona.

lunes, 15 de marzo de 2010

Rutas Turísticas

Rutas dos muíños
Sendeiro circular de 5 km que se percorre en hora e media.Ccomeza e finaliza na Ponte do Porto.
Parte do traxecto é a calzada romana coñecida como Camiño Real.A ruta transcorre entre variada vexetación autóctona pola ribeira do río Grande, entre vellos muíños de granito, cotos troiteiros, refuxios de pescadores e merendeiros. Finalízase o percorrido tras cruzar a ponte que dá nome ao lugar.

Ruta Litoral
A Ruta Litoral de Camariñas transcorre ó longo da costa atlántica de Camariñas ten unha lonxitude de 14 km e se pode percorrer a pé en 5 horas. Tamén pode empregarse a bicicleta e gran parte deste recorrido pode facerse en vehículo nunhas horas.
 O camiño comeza no Castelo do Soberano, dende onde parte unha senda ata a praia de Lago; continuando ata a ermida da Virxe do Monte. Onde se pode contemplar como o tranquilo mar da ría torna en bravura.Ó lonxe, distínguese o Cabo Vilán e o seu faro ao que podemos visitar na nosa ruta.

Ruta da Ínsua
Esta ruta transcorre bordeando o monte da Insua, pertencente á parroquia de Xaviña. Como o seu nome indica trátase dun enclave rodeado por auga ao atoparse nunha das partes sobresaíntes da ría de Camariñas. Esta é a razón pola que podemos gozar ao longo de toda a ruta dunhas excelentes paisaxes típicas da costa galega.A ruta da Insua é circular, de dificultade media-baixa, dunha lonxitude de 8.7 km que se percorre nunhas 3 horas e media..
Ruta da Costa da Morte
Esta espectacular ruta recorre o corazón da Costa da Morte no que atoparemos construccións de interese histórico-etnográfico, paisaxes impresionantes, lembranzas de naufraxios e esculturas naturais..
 Ruta circular de dificultade media-baixa, ten 19 Km e unha duración aproximada de 5 horas. Esta ruta coincide ata a metade do seu recorrido coa Ruta Litoral de Camariñas aínda que non chega ás vilas costeiras de Arou, Santa Mariña e Camelle senon que volta polo interior do Concello ata chegar de novo ao mesmo punto de partida: Camariñas.A saída é dende o Castelo do Soberano de Camariñas e recorrermos a fermosa costa ata o Cabo Vilán e dende alí ata o Cemiterio dos Ingleses e Monte Branco. No recorrido de volta coñeceremos o Castro da Croa e teremos preciosas vistas da ría e do faro Vilán ao mesmo tempo.

jueves, 11 de marzo de 2010

Camariñas (Costa da Morte)

A costa da morte dende Camariñas ata camelle,pasando por Cabo Vilán e Arou,esta incluída na Rede Natural 2000 Costa da Morte.Posúe anha gran riqueza biolóxica de especies de flora e fauna protexidas.Nos illotes e rochas de Cabo Vián os Araos de Cons,a gaviota tridáctila e o cormorán moñudo,aves en perigo de extinción polo que essta zona está declarada Zona de Especial Protección de Avas (ZEPA) pola Unión Europea.Por esta zona ddiscorren dúas rutas de sendeirismo e cicloturismo de inmensa beleza:A Ruta Costa da Morte e o Sendeiro Litoral Camariñas.O Faro Vilán é o mesmo tempo vixiante e guía dos mariñeiros dos portos de camariñas,Camelle,Arou e santa Mariña.No interior do concello,atopamos o Pazo da Paxariña.É o río Grande que, tralo seu paso pola Ponte do Porto,desemboca mansamente na ría de Camariñas.